O Nadal adiántase en Aguete coa súa tradicional regata de cruceiros
Por Redacción
A tradicional Regata de Nadal de Cruceiros organizada polo Real Club de Mar de Aguete dará este sábado 18 de novembro o pistoletazo de saída á que será a súa XIX edición.
Un ano máis a competición contará con catro xornadas de actividade, ao disputarse outras tres probas os sábados 25 de novembro, 2 e 16 de decembro.
A organización espera a participación dunha trintena de barcos nas categorías de ORC, Mini 23 e Clásicos.
Entre os inscritos figuran embarcacións asiduas da ría como Youkounkoun, Aguieira, Juancamaría, Limay, Grifo, Chispa Nejra, Sebrala 2, Santiago Roma Rías Baixas, Vagalume, Squid, Abal Abogados, Fanautic-Lagar de Pintos, Argalleiro, Quen Vai, Maral IIII, Camarón 20, Calamote, Oliver II, Cassandra, Last Kiss, Petrilla, Trusky, Elmer, Peregrina, Fuerza 4, Atxurri ou Arnoia, e tamén doutras rías como son o arousáns Grupo Santorum & Martínez, Ziraralla Primero e Piko Norte, ademais do Meigas Fora e o Oral Group-Galimplant.
Todas as regatas comezarán ás 13:30 horas coa previsión de que conclúan antes da posta de sol.