As lesións castigan ao Condes de Albarei Teucro na súa visita a León
Por Diego Espiño
Despois dunha fin de semana sen actividade, volve a Liga Asobal para o Condes de Albarei Teucro coa visita a "unha das canchas máis difíciles da categorñia", recoñece Quique Domínguez.
Os azuis desprázanse este mércores (20:45 horas) a León para visitar ao subcampión de liga, un Ademar que non chega no seu mellor momento tras dúas derrotas consecutivas pero que segue infundindo o máximo respecto.
O maior problema para os pontevedreses volve situarse na enfermaría, xa que volve perder a un xogador de maneira inesperada. Trátase do italiano Giuseppe Colasuonno, vítima dun accidente doméstico. O corte que o pivote produciuse nunha man impediralle entrar na convocatoria, aínda que se confía na súa volta para a seguinte xornada.
Quique Domínguez tampouco poderá contar este semana con Edu Moledo, que se recupera dunha microrrotura muscular. Tampouco mellora Óscar Silva, ao que se lle realizarán probas para determinar o alcance exacto da lesión que se produciu no ombreiro na segunda xornada da competición e da que non experimentou melloría.
Mellores son as noticias que chegan por parte de Johnny Medina, que "si todo va bien a final de este mes tendrá el alta", revela o técnico, tras unha longa convalecencia.
Volvendo ao choque ante o Ademar, o azuis saben da "dificultad máxima" da cita, pero non renuncian a dar a sorpresa. Para iso será necesario "elegir bien los lanzamientos y reducir mucho las pérdidas", explica Domínguez, coa intención de minimizar as opcións de contragolpe leonesas, un dos seus puntos fortes.
Os colexiados do encontro serán os valencianos Fernández Pérez e Iniesta Castillo.
Relacionadas:
-
Un desastroso primeiro tempo defensivo condena o Condes de Albarei Teucro en León (34-22)
Por Redacción |
-
Benidorm, rival do Condes de Albarei Teucro na terceira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Dolorosa derrota ante o Puente Genil dun Condes de Albarei Teucro de dúas caras (29-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |