A recta final do partido permite ao Arxil sorrir ante Joventut Les Corts (63-74)
Por Redacción
Vitoria traballada dun Arxil que non puido respirar ata o último instante para impoñerse en Barcelona ao Joventut Les Corts nun partido igualado nos tres primeiros parciais e que unicamente rompeu no último, no que as pontevedresas axustaron a súa defensa, pechando os rebotes defensivos, e mantendo unha boa porcentaxe de acerto no tiro exterior.
Destacar a excelente actuación de catro xogadoras que se botaron ao equipo ás súas costas acumulando dobres díxitos de valoración. Así Arantxa Mallou (9 puntos, 5 rebotes e 16 de valoración), Charles Chantel (14 puntos, 4 rebotes e 24 de valoración), María Lago (15 puntos, 4 rebotes e 22 de valoración), pero sobre todo a pivot colombiana Narlyn Mosquera (27 puntos, 7 rebotes e 31 de valoración), foron as principais responsables dunha vitoria que serve ás de Mayte Méndez para deixar atrás as dúas derrotas consecutivas acumuladas e volver engancharse aos postos altos.
O primeiro parcial foi para as locais cun mínimo 16-15, ao que respondería o Arxil tamén cunha curta vantaxe no segundo (18-20) que levaba o partido ao descanso cun punto arriba do cadro pontevedrés (34-35).
A igualdade manteríase no terceiro cuarto, aínda que o Arxil xa comezaba a apuntar as virtudes que ao final lle darían o triunfo. O 20-23 deses dez minutos facían entrar ás verdes con catro de vantaxe no último cuarto (54-58).
Serían dez minutos de dominio absoluto do conxunto arxilista, impoñente en defensa e sobrio en ataque, para ir abrindo oco deixando aos seus rivais en só nove puntos, mentres asinaban 16 para terminar vencendo de forma clara (63-74).
Consulta as estatísticas do Joventus Les Corts-Arxil nesta ligazón.
Relacionadas:
-
O Arxil, ás voltas coas lesións
Por Redacción |
-
Arxil paga coa derrota fronte a Aros León (60-71) non saber pechar o rebote defensivo
Por Ramiro Espiño |
-
O Aros de León mide a reacción do Arxil
Por Redacción |
-
Narlyn Mosquera suma o seu primeiro MVP da xornada co Arxil
Por Redacción |
-
Viaxe exprés do Arxil a Barcelona
Por Redacción |
-
O maldito segundo cuarto volve condenar o Arxil, esta vez en Lugo (67-57)
Por Redacción |
-
Novo derbi para o Arxil, que busca recuperar as boas sensacións
Por Redacción |