Mendilibar, Philippe Montainer ou Lucas Alcaraz, reclamos do III Congreso Internacional de Fútbol Ciudad de Pontevedra
Por Diego Espiño
O Congreso Internacional de Fútbol Ciudad de Pontevedra reunirá por terceiro ano consecutivo a unha boa representación da elite do fútbol español e europeo.
Entre as confirmacións desta edición, que se desenvolverá no Centro Social Novacaixagalicia do 13 ao 16 de xuño, encóntranse varios adestradores de Primeira División como Philippe Montainer, técnico do a día de hoxe cuarto clasificado e revelación da liga, a Real Sociedade, José Luis Mendilibar, preparador de Osasuna, ou Lucas Alcaraz, adestrador da Granada, ademais de José Peseiro (SCD Braga), Fancisco Guidolin (Udinese) e o ex-granate Pablo Alfaro.
Na área de xestión o programa inclúe charlas de Richard Low (Arsenal FC) ou Toni Ruiz (Osasuna), ademais da presenza de representantes da AFE ou axentes FIFA e persoal diverso das diferentes áreas dos clubs profesionais.
A inscrición do congreso está aberta a través da páxina www.cifciudaddepontevedra.com, cun prezo reducido se envía a solicitude antes do 1 de maio.