ÿxito de participación na I Carreira Pedestre Monte Porreiro Gran Premio UNED
Por Diego Espiño
A chuvia non puido coa estrea da Carreira Pedestre de Monte Porreiro Gran Prermio UNED na súa primeira edición.
Ata un total de 310 atletas remataron a proba nas categoría absolutas, ao que hai que sumar a participación de numerosos nenos nunha cita enmarcada como a segunda do Circuíto de Carreiras Populares que este ano estrea Pontevedra.
José Antonio Ramallo foi o máis rápido en percorrer os 8 quilómetros dun percorrido que contaba con saída e chegada no Mirador. O atleta do San Miguel de Marín parou en cronómetro nun tempo de 25:37, superando nun apertado final a Elías Domínguez, segundo cun rexistro de 25:39. En categoría feminina a vencedora foi a deportista de Porriño Verónica Romero, cunha marca de 32:59.
A próxima proba do calendario será os 10.000 metros nocturnos que se disputarán tamén por primeira vez polas rúas de Pontevedra o próximo 15 de xuño.