Pontevedra confírmase como sede do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón en 2016
Por Diego Espiño
Finalmente será en 2016 cando Pontevedra acolla a celebración do Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, despois da confirmación oficial da Federación Europea (ECA) aceptando a proposta lerezana de ser designada sede de xeito directo, sen concorrer a un novo proceso aberto de selección.
A posibilidade de organizar o Europeo en 2016 xurdiu, como adiantou PontevedraViva o pasado 26 de marzo, do ofrecemento que a ECA trasladou á representación española no último congreso federativo celebrado en Zagreb (Croacia), no que os membros das distintas federacións se decantaron pola proposta da cidade eslovena de Bohinj para acoller a competición de 2015 á que optaba inicialmente Pontevedra.
"Lo importante es que Pontevedra va a tener un Europeo de primer nivel y además será durante una semana completa"
A pesar de que os plans do goberno local non eran estes, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, valora como moi positiva a concesión dunha nova proba de primeiro nivel para a cidade, "le dijimos al presidente de la Federación Española que estábamos muy interesados pero que no estábamos dispuestos a un concurso con otras ciudades, nos llamó y nos dijo que aceptaban la propuesta. No es lo que queríamos porque se nos va a otra legislatura pero hay que ver más allá, lo importante es que Pontevedra va a tener un Europeo de primer nivel y además será durante una semana completa".
Agora, coa confirmación xa sobre a mesa, os responsables municipais planificarán con membros da Federación Española e Federación Galega un calendario previo de regatas e competicións que incluirá, polo menos, un Campionato de España no que se probará o circuíto deseñado no río Lérez,"tenemos que sentarnos a negociar y ver los costes. El Nacional podría ser en 2014, 2015 o incluso los dos años".
O primeiro contacto entre todas as partes producirase aproveitando a celebración da Copa de España de 1.000 metros na pista olímpica do Pontillón do Castro os días 13 e 14 de abril.
Relacionadas:
-
Primeiros pasos na organización do Europeo de Piragüismo Maratón de 2016
Por Diego Espiño |
-
Ofrecen a Pontevedra o Europeo de Piragüismo Maratón de 2016 tras perder o de 2015
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra pasa o exame para o Campionato de Europa de Piragüismo Maratón 2015. Jorn Cronberg cualifica de excelentes as instalacións
Por Ramiro Espiño |