Tres alumnos do Centro Méndez Núñez reciben os trofeos logrados no Campionato de España de Tenis de Mesa
Por Redacción
O Centro Méndez Núñez de Pontevedra para persoas con discapacidade xa pode presumir das tres medallas que lograron outras tantas alumnas no recentemente celebrado Campionato de España de Tenis de Mesa, que tivo como sede o Recinto Feiral.
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, fixo entrega dos premios a Covadonga González, Olalla Díaz e Beatriz Cid, que coparon o podio feminino na categoría adaptada.
En total foron nove os alumnos do centro os que participaron no campionato cunha meritoria actuación nas categorías adaptada e de habilidades, despois de ser preparados e adestrados por Ramón Galandón.
O Club Méndez Núñez pertence á asociación de persoas con discapacidade psíquica Virgen de la O, sendo a súa primeira participación nunha competición deste tipo, onde se enfrontaron a rivais con maior experiencia.