Posta a punto no fútbol comarcal co XII Torneo Julio Montes
Por Redacción
Os equipos de fútbol da comarca que militan nas categorías rexionais afinan a súa preparación para o comezo das súas respectivas ligas, a segunda fin de semana de setembro.
Unha das citas para medir a súa posta a punto foi a XII edición do Torneo Julio Montes organizado pola SCD Salcedo no campo de fútbol da Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
O vencedor do cuadrangular foi o CD Bueu, tras vencer na semifinal ao CD Cesantes (1-0) e na final ao Romay CF (2-1), que superara no seu primeiro encontro ao propio Salcedo (3-2).
No choque polo terceiro e cuarto posto entre os anfitrións e o Cesantes, foi o segundo equipo o que levou o triunfo (0-1).