Xa está en marcha a Vilagarcía Basket Cup 2013
Por Aitana Vidal
Preto de 1.500 xogadores de 100 equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid, Castela León e Portugal danse cita dende este xoves e ata o próximo sábado na XVIII Vilagarcía Basket Cup.
O recinto de Fexdega acolle a competición dende a categoría benxamín ata a júnior.
En total habilitáronse oito campos de minibasket que pasaron a ser seis ao termo do torneo benxamín, un maratón de partidos en todas as categorías de formación de baloncesto masculinas e femininas.
Nesta edición, por segundo ano consecutivo, prescindiuse do torneo internacional sub-20, aínda que a organización xa anunciou que se retomará en 2014 despois de alcanzar un acordo de patrocinio para os próximos tres anos.