O Arxil ata a continuidade de Aldara Vázquez por unha tempada máis
Por Redacción
Aldara Vázquez, xogadora formada nas categorías inferiores do Arxil, renovou o seu contrato co equipo pontevedrés, polo que continuará un ano máis formando parte da disciplina do club.
A xogadora, de tan só 21 anos, xoga de base e escolta e acompañará a Carla e Arancha na dirección do xogo arxilista. Segundo o club, seguirá alternando a súa presenza co primeiro equipo e co Arxil Mafari.
Desde a dirección deportiva do club destacan de Aldara a súa capacidade para roubar o balón, a súa visión de xogo ou a súa porcentaxe de tiros de tres e, como aspectos a mellorar, a velocidade do seu xogo e a constancia nas súas accións.
Con esta renovación, o plantel do Arxil está formada por Carla, Arancha e Aldara como bases, Chantel Charles e María Lago como aleros e Ana Román, Cristina Díaz-Pache e Narlyn Mosquera como pivotes.
Nos próximos días, avanzan desde a entidade pontevedresa, haberá máis renovacións.
Relacionadas:
-
O Arxil ponse en marcha co xusto
Por Redacción |
-
Pretempada definida no Club Baloncesto Arxil
Por Redacción |
-
Noa Casalderrey, outra xogadora da casa para o primeiro equipo do Arxil
Por Redacción |
-
Ana Román, renovada nun Arxil que avanza para pechar o plantel da próxima tempada
Por Redacción |
-
A alero Charles Chantel ficha polo CB Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil comezará a liga na casa fronte o Siglo XXI catalá
Por Redacción |