Vinte e un deportistas nominados aos premios da Gala do Deporte Provincial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/506c618307ba0-froizequipo.jpg)
© Grupo Deportivo Supermercados Froiz
Catro deportistas por categoría ata un total de vinte e un nominados optan ao premio ao mellor deportista de 2012 na Gala do Deporte Provincial que organiza a Deputación de Pontevedra.
Os nominados foron elixidos de entre 86 propostas presentadas polas distintas federacións deportivas galegas e o xurado, formado por técnicos e xornalistas deportivos.
Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar no Pazo Provincial, en Pontevedra, o próximo 4 de abril a partir das 20:30 horas. Nela homenaxearase ademais aos deportistas provinciais que participaron nos últimos Xogos Olímpicos.
O cadro de nominados compóñeno en categoría sénior masculina Pablo Cacheda (balonmán), Iván Alonso (piragüismo), Santiago Malvar (Taekwondo) e Carlos Paz (Vela). Na sénior feminina optan ao galardón Irene Romero (Esgrima), RocíoGonzález (Kung-Fu), Xisela Aranda (squash) e Suasana Rodríguez (Triatlón). En promesa masculino os finalistas son Francisco Pérez (F.G. Discapacitados Intelectuais), Xoan Ledo e Román Pedreira (Balonmán), Jonathan Castro (Fútbol) e Álvaro Bravo, Rodrigo Germade, Roberto Abal e ÿscar Carrera (Piragüismo). Pola súa banda en promesa feminina encóntranse Judith Rodríguez (Esgrima), Andrea Monzón (Esquí Náutico), Tecla Cadilla (Judo) e Ruth Tilve (taekwondo).
Ademais dos deportistas individuais a gala tamén recoñecerá ao Campionato de España de Baloncesto Cadete como mellor evento de 2012 e outorgará mencións especiais ao Grupo Deportivo Supermercados Fróiz, ao Club Balonmán Guardés feminino e a Antonio Puga.