O Waterpolo Pontevedra rende homenaxe un ano máis á xogadora Marina Casado no seu campus
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Por terceiro ano consecutivo o Club Waterpolo Pontevedra renderá a súa particular homenaxe á primeira xogadora pontevedresa en participar na máxima categoría nacional, Marina Casado.
Farao cunha nova edición do campus de iniciación ao waterpolo que leva o seu nome e que se celebrará no Centro Deportivo Socio Cultural Militar de Campolongo durante os primeiros días de setembro.
Casado militou esta tempada no Waterpolo 9802 de Pamplona de Primeira División Nacional, quedando ás portas do ascenso a División de Honra, categoría na que debutou con só 16 anos sendo a única deportista galega en logralo.
A xogadora participará no campus para compartir experiencias con nenos e nenas que anoten, lembrando que ela mesma se iniciou nun destes campus no ano 2007, tal e como lembrou o club pontevedrés.
O único requisito para participar será o poder nadar con soltura un mínimo de 50 metros sen axuda, cun custo de inscrición de 30 ou 50 euros en función da opción escollida (só waterpolo ou xornada completa).