O Pontevedra B toma aire gañando a un Marín que se afunde na clasificación (1-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O duelo de necesitados na Xunqueira entre Pontevedra B e Marín (1-0) levouno o menos afogado na clasificación, un filial granate que toma aire na súa loita por manter a categoría. O Marín pola súa banda, con esta derrota, coloca o reto da permanencia case como un imposible.
O encontro, moi igualado, decidiuse co gol de Cristóbal no desconto da primeira metade ao rematar o central dentro da área unha falta lateral.
No segundo tempo os marinenses adiantaron filas na búsqueda do empate pero foi o Pontevedra B o que puido sentenciar á contra, sen que finalmente se movese o electrónico.
PONTEVEDRA CF B (1): Edu Sousa, Uru, Alves, Pacheco, Cristóbal, Héctor, Víctor (David Eirín, min.42), Paco (Dani Adán, min.83), Pibe (Canosa, min. 91), Diego, Pedro (Collazo, min.72).
MARÍN CF (0): Carlos Arosa, Javi, Hayk (Manuel, min.57), Tinaia, Borja, Joaquín, Miguel, Canario (Cristian, min.57), Villaverde, Agus, Dani (Eric, min.37).
Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Amoestou a Hayk, Tinaia, Agus e Manuel no Marín. Expulsou por vermello directo ao adestrador visitante Toño Lodeiro.
Gol: 1-0 Cristóbal, min.46.
Incidencias: Partido disputado na Xunqueira, Pontevedra.