Peche ligueiro para o Poio Pescamar coa vista posta na Copa de España
Por Redacción
Última xornada de liga para o Poio Pescamar, que este sábado (18:00 horas) recibe no pavillón municipal da Seca a un FSF Rioja en apertos.
As vermellas céntranse no seu último partido da competición aínda que o fan mirando de esguello á Copa de España da que serán anfitrioas do 8 ao 11 de xuño, e é que en xogo está a clasificación final e por conseguinte saber quen será o rival en cuartos de final.
O Poio ten opcións de terminar na quinta posición, aínda que para iso ademais de gañar necesitan o tropezo do Ourense Envialia. En todo caso o prioritario será evitar caer á sétima posición que as emparellaría na primeira eliminatoria a un dos cocos da competición, o Universidad de Alicante.
Como os primeiros postos xa están definidos, se o cadro pontevedrés é quinto cruzaríase na Copa co Burela, se é sexto co AD Alcorcón e se acaba sétimo coas alacantinas.
Máis importante será o partido de liga para o FSF Rioja, que necesita a vitoria para apurar as súas opcións de permanencia na máxima categoría do fútbol sala feminino nacional.
Recuperada Suki, Marcio Santos contará para a cita coas únicas baixas por lesión de Jessi Lores e da canteirá Carol, que tentará chegar en condicións ao torneo copeiro.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar pecha a súa mellor tempada en primeira goleando a Rioja (5-1)
Por Redacción |
-
Os abonos para a Copa de España de fútbol sala custarán 18 euros
Por Diego Espiño |
-
O descendido Rubí sorprende (3-1) a un Poio Pescamar que se despide da cuarta praza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar ofrece aos seus o título da Copa Xunta cun triunfo sobre UCAM Murcia (3-2)
Por Redacción |