Continuidade para o torneo de balonmán praia de Baltar
Por Redacción
Portonovo poderá gozar un ano máis dun dos torneos estivais máis emblemáticos de Galicia, o seu Torneo de Balonmán Praia que cumpre este ano a súa XIX edición.
A organización, a cargo da Asociación Proponcho que preside actualmente Fabián González, ten xa atada toda a infraestrutura para garantir unha nova edición da competición.
A area da praia de Baltar recibirá, os días 22 e 23 de xullo, a preto de 400 xogadores entre os diferentes equipos das categorías masculina e feminina.
A día de hoxe están xa confirmada a presenza de 26 equipos masculinos e 14 femininos, nos que formarán parte, do mesmo xeito que outros anos, xogadores profesionais de equipos como o Teucro, Cangas, Villa de Aranda ou Atlético Valladolid, entre outros.
Tras garantir o apoio municipal o torneo manterá a dotación de premios económicos para os primeiros clasificados e para os mellores xogadores da competición.
Relacionadas:
-
Aquí hai praia e balonmán!
Por Diego Torrado |
-
Bueu di adeus unha fin de semana de culto ao balonmán praia
Por Redacción |
-
Todo preparado en Bueu para repetir experiencia no circuíto nacional Arena 1.000 de balonmán praia
Por Redacción |
-
Emoción e deportividade sobre a area de Baltar nunha nova edición do campionato de balonmán praia
Por Redacción & Diego Torrado |