O cross que reúne tantos participantes como días ten o ano celébrase en Mourente
Por Redacción
Un total de 365 atletas xuntáronse na mañá deste sábado para participar, nas distintas categorías, na 23 edición do cros escolar CEIP Vilaverde de Mourente.
As probas desenvolvéronse sen incidencias destacables e, a pesar da ameaza de choiva, celebráronse todas as carreiras case con puntualidade británica. Os tres primeiros clasificados en cada categoría recibiron un trofeo, mentres que o resto dos participantes obtiveron unha medalla como premio ao esforzo realizado, ademais dun bocadillo e auga para repoñer forzas.
Nesta edición participaron o CEIP de Marcón, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira 2, CEP Marcos da Portela, IES Frei Martín Sarmiento, CEIP Vilaverde. CEIP Campolongo e o IES Luís Seoane. Na última proba correron nais, pais e avós dos estudantes.