A experiencia do Celta Selmark dálle a vitoria (55-59) fronte a un Arxil que puido gañar
Por Redacción
Un mal inicio de partido e a falta de acerto nos minutos finais foron a causa de que o Arxil deixase escapar a súa terceira vitoria consecutiva caendo derrotado (55-59) fronte a un Celta Selmark con maior profundidade de banquiño.
O equipo olívico tirou de experiencia nas últimas xogadas de partido. Antes, as de Mayte Méndez foran capaces de sobrepoñerse ao seu mal comezo (parcial de 2-13 desfavorable en pouco máis de cinco minutos) para terminar pechando incluso o primeiro cuarto cunha mínima renda de dous puntos. A defensa en zona do Celta no segundo cuarto fixo dano e as viguesas tomaron unha curta vantaxe que souberon administrar ata o final.
Aínda así, logo dun terceiro parcial igualado, as arxilistas tiveron opcións, pero as de Carlos Outeiros aguantaron a presión e manexaron con oficio os últimos minutos do partido para levarse a vitoria.
C.B. ARXIL (55): Sandra (2), Ana (7), Carla (7), Zara (14), Olga (13) -cinco inicial-, Marina (3), Andrea (2), Jara (2), Fany, Cristina (3) e Natalia (2).
CELTA SELMARK (59): Laura (6), Noelia (5), Sabelle (12), Marina (5), Alejandra (10) -cinco inicial-, Cristina (5), Débora, Verónica (2), Marta (5), Iria, María (2) e González (7).
Árbitros: Pazos e Guillén (Colexio galego).
Marcadores parciais: 19-17, 12-17 (31-34), 10-11 (41-45) e 14-14 (55-59, final).
Incidencias: Pabellón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). Uns 300 espectadores).