Martín Bouzas, convocado pola Selección Española para participar na Vuelta a Asturias
Por Redacción
A progresión imparable de Martín Bouzas, ciclista do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, non pasou desapercibida para o seleccionador nacional elite e sub-23, Pascual Momparler.
O xove corredor do Froiz foi incluído na Selección Española da categoría que participará do 29 de abril ao 1 de maio na LX Vuelta a Asturias, na que se medirá a ciclistas e equipos do pelotón profesional da talla do Movistar, que estará encabezado polo colombiano Nairo Quintana.
Bouzas, actual campión de España contrarreloxo sub-23, estará acompañado na cita por Fernando Barceló e Eduardo Pérez-Landaluce (Fundación Euskadi), Sergio Vega (Unieuro), Biel Pons (Escribano Sports), Martín Márquez (Lizarte), Carlos Cobos e Aitor Rodríguez (Caja Rural-Seguros RGA) e Felipe Orts (Mutua Levante-Ginestar-Metal Lube).
A Vuelta Asturias contará con tres etapas. A primeira entre Oviedo e Pola de Lena, a segunda cun percorrido entre Soto Ribera e o Alto del Aceco e a terceira e última con saída en Cangas del Narcea e meta na capital do Principado.
CITA PARA O FROIZ EN GIPUZKOA
Despois dunha fin de semana na que viviu a cara e a cruz, coa vitoria de Pedro Merino na Clásica de Pascua en Padrón e unha complicada carreira na Copa de España coa Cálsica de Torredonjimeno, o Froiz volve á competición desprazándose ata o País Vasco.
A escuadra alimenticia participará o luns 1 de maio na LXXXIV Santikutz Klasika, en Gipuzkoa, unha carreira do calendario da Copa de España que se prevé dura, con 150 quilómetros de percorrido e ata 7 ascensións puntuables na que esperan aspirar aos postos de cabeza.
O equipo do Froiz nesta proba estará composto por: Martín Lestido, Leonel Coutinho, Alejandro Regueiro, Antonio Portela, Miguel Ángel Alcaide, Germán Enrique e Aarón Mariño.
Relacionadas:
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
O Froiz reforza o seu equipo cunha promesa do ciclismo colombiano
Por Redacción |
-
O ciclista do Froiz Alejandro Regueiro, citado pola Selección Española
Por Redacción |
-
O corredor do Froiz César Neira, triplo campión de España de ciclismo adaptado
Por Redacción |
-
Pedro Merino dálle ao Super Froiz a vitoria no Trofeo Iberdrola en Zamora
Por Redacción |
-
O Froiz recobra moral na Copa de España cun segundo posto de Martín Lestido no Trofeo Guerrita
Por Redacción |