O Waterpolo Pontevedra cae en semifinais da Liga Galega
Por Redacción
Acudía o Club Waterpolo Pontevedra a Santiago de Compostela coa intención de igualar a semifinal da Liga Galega e forzar o partido de desempate, pero perdeu ante o CW Santiago (14-10) despedíndose das súas opcións de levantar o título de liga.
Os pontevedreses, que perderan nun apertado primeiro partido da serie (8-9) no CGTD, non lograron superar ao seu rival na piscina de Santa Isabel a pesar de que iniciaron o choque con forza.
Os de Javi de Sáa protagonizaron un gran primeiro cuarto cun parcial de 1-4 que lles daba esperanzas de levar o triunfo, pero os locais reaccionaron e con cinco goles seguidos no segundo cuarto tomaron a dianteira ao descanso (6-5).
A pesar dos erros defensivos o Pontevedra chegou con opcines a menos de tres minutos para o final (10-9) pero nos últimos minutos o Santiago sentenciou certificando a eliminación dos pontevedreses, que por primeira vez no últimos sete anos non estarán presentes na final polo título.