Atrasos no pagamento da Xunta empuxan á Federación Galega a cortar a auga quente no Pontillón do Castro
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A pista olímpica de piragüismo David Cal Pontillón do Castro quedou polo momento sen auga quente nas súas instalacións.
A Federación Galega de Piragüismo decidiu cortar o servizo de auga quente nos vestiarios debido ao atraso no pagagamento das cantidades pactadas coa Secretaría Xeral para o Deporte. Así o explicou a organización federativa presidida por Alfredo Bea nunha circular enviada a todos os usuarios do centro deportivo, segundo informa o xornalista Álex Dávila en Faro de Vigo.
As cantidades pendentes corresponderían aos convenios asinados entre ambos os organismos para custear diferentes actividades e o mantemento das instalacións. A situación, explican, deixou sen a liquidez necesaria á Federación Galega para asumir o custo deste servizo.
Esta decisión prodúcese a pouco máis dun mes de que o Centro Deportivo David Cal situado no encoro pontevedrés sexa escenario da Copa de España de Sprint Olímpico de 200 e 500 metros (27 e 28 de maio). Ademais o Pontillón do Castro acollerá este verán do Campionato de España de Sprint Olímpico (7 ao 9 de xullo).
Alfredo Bea: "A ver se para a semana podemos ter liquidez e volver á normalidade"
Un dos maiores afectados por esta decisión, ademáis dos bolseiros do CGTD, é con todo o Club Piragüismo Verducido, usuario habitual das instalacións e que mostrou o seu malestar ante a medida adoptada.
EXPLICACIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA
O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, púxose en contacto con PontevedraViva para explicar que "non se trata de un corte en si, só que se nos acabou o gasoil e non temos liquidez" para afrontar a adquisición de combustible.
"A ver se para a semana podemos ter liquidez e volver á normalidade", sinalou o dirixente incidindo en que o diñeiro dispoñible en caixa débeno dedicar a afrontar outros pagos que lles permitan estar ao corrente coas administracións e así poder seguir accedendo ao cobro de subvencións.
Relacionadas:
-
O complexo deportivo do Pontillón será xestionado pola Federación Galega de Piragüismo
Por Redacción |
-
Federación Galega de Piragüismo e Xunta asinan o convenio para o mantemento do Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro, protagonista da Copa de España de 1.000 metros en Trasona
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra, profeta na súa terra na Copa de España de piragüismo maratón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ciudad de Pontevedra e Verducido Pontillón brillan no Nacional de Xóvenes Promesas de piragüismo
Por Redacción |
-
Bo papel do piragüismo pontevedrés no Guadalquivir
Por Redacción |