Poio incrementa os fondos para o deporte no orzamento municipal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio reforza a súa aposta polas actividades deportivas nos orzamentos para 2017. A concelleira de educación e deportes, Marga Caldas presentou este martes o calendario de eventos para este ano, bautizado coma "Poio móvese", e adiantou as principais partidas do orzamento municipal nesta materia.
A intención do goberno local é incentivar a práctica deportiva nas cinco parroquias e nos cinco colexios do concello para o que destinará un total de 224.606 euros, o que supón un incremento de máis de 41.870 euros.
A atención ao deporte de base e o traballo directo cos clubs son os eixos sobre os que vira esta xestión municipal que Marga Caldas cualificou como "boa" nesta área "prioritaria".
Os eventos que se organizarán son:
- Parroquia de San Xoán
- I Pedalada solidaria contra o cancro infantil
- I Oktoberbike Campelo
- Maratón de Fátima
- VI Aberto de billarda
- Torneo amizade de Ximnasia Rítmica
- I Duatlon escolar
- XXI Torneo San Xoan de Ximnasia Rítmica
- XIV Torneo fútbol-8 Juan López Sánchez
- IV Carreira Popular Nocturna "8k San Xoán"
- Campionato galego de Kick boxing promesas infantil non contact
- IV Gala Club Saraiba ED Poio
- VII Tríatlón Porto de Campelo
- VIII Concentración de Motos de Poio
- I Cronoescalada Monte Castrove
- XVIII Subida á Escusa
- IV Torneo Saraiba de conxuntos base de ximnasia rítmica
- V Oktberfest Campelo
- Parroquia de Raxó
- Carreira popular Día das Letras galegas
- Liga de Tenis amateur
- Escola de tenis de verán
- I Acuatlón Concello de Poio
- II Travesía a nado
- Verán deportivo: Tenis praia
- Parroquia de San Salvador
- III Mini BTT Campelo
- Xogos de Lourido
- Verán deportivo: Volei praia
- Parroquia de Saieira
- XI Dúatlon Cros
- 2ª Proba do Open galego de BTT
- Miniolimpiadas intantiles (Semana cultural)
- IV Trail de montaña Ruta dúas muíños de Samieira
- Parroquia de Combarro
- III Torneo de futbol 3x3 Armadiña
- Regata Rías Baixas - Etapa Combarro
- Regata Príncipe de Asturias
- Torneo de kaiak polo. Vila de Combarro
- III Ruta turística BTT dos miradoiros
- III Carreira popular Activa Combarro. Deporte e patrimonio