O Cisne resístese a perder o tren do play-off
Por Redacción
Co principal obxectivo da tempada cumprido, a permanencia, e a falta só de seis xornadas para o final da competición regular, o Club Cisne Balonmán quere permitirse o luxo de seguir soñando coa fase de ascenso á máxima categoría.
Son conscientes no club pontevedrés da dificultade do empeño, ao estar a catro puntos da quinta e sexta praza que ocupan Torrelavega e Alcobendas, pero pode que o último tren pase por vencer este sábado (17:30 horas) no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ao BMC madrileño.
As contas están claras, non poden escaparse puntos de casa, onde o Cisne se estrá mostando moi sólido, e despois hai que sumar a domicilio, materia pendente do equipo. Todo iso esperando o tropezo dalgún dos seus rivais, pensando que esta xornada, sen ir máis lonxe, Alcobendas recibe a un Palma del Río que apura as súas opcións de lograr o ascenso directo.
Non será un encontro sinxelo o que deben afrontar os de Jabato, ante un BMC que pasa por ser unha das revelacións da competición e que como eles suma 24 puntos na clasificación.
A principal dúbida para o técnico do Cisne será ata última hora a presenza de David Chapela, quen xa adestra co grupo pero con precaución de non recibir un golpe no rostro. Pola súa banda o extremo Javi Vázquez arrastra problemas musculares.
Os colexiados do encontro serán Amigo Plaza e Espadas García de la Galana, da delegación territorial manchega.
Relacionadas:
-
O Cisne supera na segunda parte o Tolosa e a si mesmo (29-37) para manter as súas opcións
Por Redacción |
-
Apurado triunfo do Cisne sobre BMC Carabanchel (25-23) para manterse na loita polo play-off
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un mal inicio do segundo tempo bota por terra o traballo do Cisne ante o Grupo Covadonga (30-23)
Por Redacción |