A primeira final teucrista polo ascenso pasa por Córdoba
Por Diego Espiño
Chega o sprint final para a Sociedad Deportiva Teucro no seu camiño cara á Liga Asobal. Tras o parón dunha semana volve a competición na División de Honra Prata e faio cunha saída para os azuis á cancha do Cajasur Córdoba (sábado, 17:00 horas).
"Sabemos lo necesitado que está el Cajasur y lo peligroso que es. Nos va a costar muchísimo ganar allÍ", predí Quique Domínguez sobre o rival, décimo terceiro na táboa con 15 puntos.
A falta de seis xornadas o cadro pontevedrés non quere que se aproxime o Palma del Río, segundo agora a catro puntos pero ao que aínda debe render visita.
O descanso veu ben ao plantel teucrista, que chegaba un pouco "fatigada mentalmente" polo esforzo que vén realizando pero tamén no físico con varios xogadores tocados.
É o caso de Carlos García e Samu Gómez, que tras unha xornada de ausencia volven á convocatoria, do mesmo xeito que José Manuel Rial ao que "en ataque aún le falta pero está para ayudar", recoñece Quique Domínguez. Pola súa banda o lateral asegura estar "con muchas ganas y mucha motivación" esperando "aportar esa frescura que puede faltar" aos seus compañeiros.
Domínguez cualifica de "gran noticia" o seu volta pero avisa que Rial non se incorpora "para sustituir a nadie", en referencia á importante baixa de Johnny Medina, clave no esquema defensivo e que non volverá xogar esta tempada lesión.
Os árbitros do encontro serán o andaluz García Sánchez e o estremeño Vinagre Vázquez.
Relacionadas:
-
Paso de xigante do Teucro que gaña en Córdoba (22-25) e aprovéitase da derrota de Palma del Río
Por Redacción |
-
A 'ilusionina' contaxia o Teucro con importantes descontos para os tres últimos partidos de liga
Por Diego Espiño |
-
Medina ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo e di adeus á tempada
Por Diego Espiño |
-
Grave lesión de xeonllo de Johnny Medina na cómoda vitoria do Teucro sobre Gijón Jovellanos (36-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |