Quenta motores o #DerbiDoLérez entre Cisne e Teucro
Por Redacción
O do próximo sábado 4 de marzo (20:00 horas) non será un partido calquera para Club Cisne Balonmano e Sociedad Deportiva Teucro.
Os dous equipos pontevedreses da División de Honra Prata de balonmán enfróntanse nun #DerbiDoLérez con sabor a partido grande, e é que ambos pelexan por obxectivos ambiciosos: o Teucro asegurar o ascenso directo e o Cisne pelexar por facer historia entrando na fase de ascenso á máxima categoría, situada actualmente a un só punto.
O club cineísta actuará como local, pero cambia de pista e aposta por xogar no Pavillón Municipal dos Deportes para facilitar unha maior asistencia de público nas bancadas e de paso lograr ingresos extra que cadren os seus números.
Ao ser o Cisne o club que xogará oficialmente na casa os seus socios non pagarán entrada, pero si o farán o resto de afeccionados cun prezo de 10 euros para o público adulto, 6 euros para o xuvenil (de 14 a 17 anos) e 2 euros para o infantil (ata os 13 anos).
A pesar dos 19 partidos que acumula de maneira consecutiva sen perder o Teucro (18 vitorias), ou a fortaleza que demostrou como local o Cisne gañando a equipos como Zamora e Palma del Río, resulta complicado facer prognósticos e outorgar favoritismos nun derbi que, como o da primeira volta cando se decidiu no último suspiro, preséntase emocionante.
Relacionadas:
-
Vibrante #DerbiDoLérez que puido gañar calquera e termina con xusto empate entre Cisne e Teucro (28-28)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Cisne e Teucro prometen espectáculo no #DerbiDoLérez
Por Diego Espiño |
-
O Teucro perde en primeira instancia a demanda contra Asobal pero anuncia recurso
Por Redacción |
-
Dúas fochas no seu xogo condenan o Cisne en Bordils (30-25)
Por Redacción |
-
Cando o Teucro púxose serio Zarautz desapareceu (28-24), nun partido para esquecer
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |