O futuro do tríatlon galego exhíbese en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
O Complexo Deportivo Rías do Sur e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva convertéronse esta fin de semana no centro do tríatlon galego, pero fixérono para mostrar o tremendo futuro deste deporte na comunidade.
Ata 154 deportistas en categoría prebenxamín, alevín, infantil, cadete e paratríatlon participaron na final galega do circuíto Nada e Corre, impulsado pola Federación Galega de Tríatlon para fomentar a práctica do seu deporte desde as categorías inferiores.
Os participantes, federados en 18 clubs galegos, afrontaron unha proba de natación en horario matinal na piscina olímpica de Pontemuiños e completaron a xornada xa pola tarde con probas atléticas no CGTD.
En canto ao club local, l Club Tríatlon Motobike Galaico, participou na competición cun total de 24 triatletas.
Consulta aquí os resultados da final galega de Nada e Corre.