A Escola Xadrez Pontevedra segue crecendo
Por Redacción
O vindeiro sábado 28 de xaneiro arrinca a tempada competitiva da Liga Galega por equipos de xadrez, na que a Escola Xadrez Pontevedra presentarás ata 11 equipos repartidos nas diferentes categorías.
O club pontevedrés segue crecendo e este curso contará con 180 xogadores, o que supón un incremento do 15% con respecto á pasada tempada tras a unión deportiva co Club Universidade de Vigo.
A Escola Xadrez estará representada en todas as categorías, desde a División de Honra, antesala do campionato nacional, ata a 4ª División autonómica, categoría de formación para os máis novos, situándose como o segundo club de Galicia con máis equipos.
Durante a primeira xornada de competición, o Casino Mercantil acollerá as partidas de ata oito equipos da entidade pontevedresa.
O máis destacado será a volta á División de Honra do EXP Ramón Escudeiro Tilve, equipo infestado de novas promesas do club que tratará de realizar un bo papel fronte aos mellores xadrecistas galegos.
En canto ao resto de equipos, o EXP-UVigo tratará de afianzarse en 1ª División tras o seu ascenso a campaña anterior. Pola súa banda na 2ª División a Escola presenta tres equipos, do mesmo xeito que na 3ª e 4ª División.