Eneko Eizmendi é a fichaxe invernal elixida polo Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra xa ten ao desexado reforzo invernal que cubra a ficha deixada libre por Gonzalo e que chega ao club granate para dar máis opcións á súa liña ofensiva.
O elixido é Eneko Eizmendi, futbolista vasco de 26 anos que aterra na cidade de Lérez en calidade de cedido ata final de tempada polo Albacete Balompié, líder do Grupo II da Segunda B.
Trátase dun futbolista zurdo pero que afai actuar na banda dereita, aínda que tamén pode xogar na segunda liña de ataque.
Na súa primeiro campaña en Albacete comezou a liga como titular, pero unha inorpotuna lesión na segunda xornada apartoulle do once desde entón, sumando 482 minutos repartidos en 10 partidos de liga, anotando dous goles.
Eneko Eizmendi será presentado este mércores na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón antes de incorporarse aos adestramentos co resto do primeiro plantel.
Relacionadas:
-
O Pontevedra descarta facer máis fichaxes tras a chegada de Eneko Eizmendi
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra freta un autobús para que os seus afeccionados arroupen o equipo en Palencia
Por Redacción |
-
Suspenden a viaxe a Palencia organizada por afeccionados que estaba patrocinado polo grupo opositor ao Consello
Por Redacción | Creada e actualizada
-
RADIO.- Lupe Murillo aposta pola continuidade de Luisito: "El final seguro que será el que todos esperamos"
Por Redacción |
-
Un gol de fortuna decide a favor dos cántabros un extraordinario partido de Pontevedra e Real Racing (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Gonzalo abandona o Pontevedra "por motivos persoais" e deixa unha ficha libre para acudir ao mercado
Por Diego Espiño |