Adrián Esperón e Patricia Martínez fanse un oco no deporte pontevedrés
Por Redacción
Encóntranse entre as 30 mellores parellas do mundo na modalidade de 10 bailes, na que se acaban de proclamar campións de España en L'Eliana, suman en total seis títulos nacionais e dentro dunhas semanas afrontarán en Dinamarca o Europeo na modalidade Stándar. Son Adrián Esperón e Patricia Martínez, unha parella que pretende facer carreira no baile deportivo.
Adrián e Patricia foron recibidos no Concello de Pontevedra, onde puideron explicar a alcalde e concelleiro de Deportes o complicado do financiamento nunha modalidade que é minoritaria hoxe en día, como recoñece o propio Adrián, "es difícil, hay alguna ayuda pero al final costeamos los viajes dando clases y exhibiciones".
A segunda semana de abril a parella pontevedresa afrontará tamén o Campionato de España Stándar en Zaragoza.