O Circuíto de Carreiras Populares coroa aos campións da súa cuarta edición
Por Diego Espiño
O Teatro Principal acolleu este sábado 24 de decembro a entrega de premios do IV Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, acto que pecha o calendario atlético do ano a falta da popular San Silvestre.
Ata alí achegáronse os gañadores, masculinos e femininos, de cada unha das categorías.
Iván Docampo e Leticia Fernández foron os vencedores absolutos tras a disputa das carreiras de San Brais, Monte Porreiro, Campañó, PonteNoite, Santiaguiño e o Medio Maratón de Pontevedra.
Os campións por categorías foron:
- Promesa: Amadeo Abal e Andrea Baúlo.
- Senior: Iván Docampo e Leticia Fernández.
- Veteranos 1: José Alberto Bastos e Nuria Santiago.
- Veteranos 2: Abel Barros e María del Pilar López.
- Veteranos 3: Francisco Pazos e Ángeles Iglesias.
- Veteranos 4: Javier Chamosa e María Jesús Abilleira.
- Veteranos 5: Manuel Suárez e Celina Rodríguez.
- Veteranos 6: José Manuel Rodríguez.
- Veteranos 7: Agapito Corredoira.
- Absoluta: Iván Docampo e Leticia Fernández.
- Compensada: Javier Chamosa e Leticia Fernández.
- Equipos: Run Galicia Team 2016.
Consulta aquí as clasificacións completas do IV Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra.