Espectacular xornada de piragüismo no Lérez co II Trofeo Rías Baixas
Por Redacción & Diego Torrado
Baixo un agradable sol e unha ría en calma. Así se disputou este sábado, en pleno mes de decembro, o II Trofeo Rías Baixas de Piragüismo.
Ata 115 embarcacións K-4 e C-4, con 460 deportistas de 25 clubs de Galicia, déronse cita na competición percorrendo o tramo urbano do río Lérez, desde a praia fluvial ata Lourido e volta para completar case 12 quilómetros de percorrido.
Na categoría senior impúxose Kayak Tudense no K-4 masculino (Gabriel Campo, Roi Rodríguez, Rubén Millán e Adrián Macedo) e Fluvial de Lugo no feminino (Tania Fernández, Lucía Valiña, Carmen Villar e Lorena Jubón), mentres no C-4 triunfou Breogán do Grove (Miguel Fernández, Diego Romero, Tono Campos e Noel Domínguez).
Na clasificación de clubs, sumando a competición senior, xuvenil e cadete, proclamouse vencedor o Club de Mar Ría de Aldán (901 puntos) ao superar á EP Ciudad de Pontevedra (848 puntos) e ao Club Náutico Pontecesures (834).
Consulta aquí as clasificacións completas do II Trofeo Rías Baixas de piragüismo.
Relacionadas:
-
O Campionato de España Sprint 2017 de piragüismo, en Verducido
Por Diego Espiño |
-
Posta a punto para o piragüismo galego no Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Breogán e Ciudad de Pontevedra serán protagonistas na Gala Nacional de Piragüismo
Por Redacción |
-
Decembro tamén é mes de piragüismo no Río Lérez
Por Diego Espiño |