Minata Keita e María Lago lideran o triunfo do Arxil en Azkoitia (55-71)
Por Redacción
Tres vitorias sumadas no que vai de liga e todas elas fronte a rivais galegos. Esa era a carta de presentación dun Añares Rioja capaz de impoñerse ao Celta en Vigo e Cortegada e Ensino na súa pista do polideportivo de Azkoitia. Uns datos que preocupaban ao Arxil, que atravesaba ademais un mal momento con catro derrotas consecutivas, pero as mozas de Mayte Méndez deixaron atrás os temores e conseguiron un claro triunfo (55-71) cimentado especialmente na gran actuación de Minata Keita e María Lago, achegando 40 puntos (20 cada unha), ademais dun 25 de valoración para a primeira e un 14 para a segunda.
A diferenza do sucedido nos máis recentes compromisos, as pontevedresas tiveron un rendemento uniforme durante todo o partido, sen baixóns que tan caros custáronlles, especialmente nos últimos cuartos.
A superioridade galega quedou patente ao conseguir impoñerse nos catro parciais, grazas ao seu dominio dos rebotes (40 contra 32 das guipuscoanas) e na súa mellor porcentaxe anotadora, que sen ser nada extraordinario, estivo por encima do das súas rivais moi desacertadas no tiro, ata o punto de sumar un pobre 29% de efectividade nos tiros de campo, por un máis aceptable 48% do Arxil.
O primeiro cuarto foi máis igualado, con vantaxe mínima ao termo do primeiros dez minutos para as arxilistas (15-17), que ampliarían para irse ao descanso con sete puntos de vantaxe (26-33).
A boa defensa do terceiro parcial terminou por inclinar a balanza (10-14), para entrar nos dez minutos finais cun confortable colchón de 11 puntos, que sería insuperable para Añares Rioja, que tamén cedeu o último cuarto (19-24) para ese relativamente cómodo marcador final de 55-71) que deu unha xusta e balsámica vitoria ao equipo pontevedrés.
Consulta aquí as estatísticas completas do Añares Rioxa-CB Arxil.
Relacionadas:
-
Sant Adriá aprovéitase da falta de puntería do Arxil (45-50)
Por Redacción |
-
A recuperación do Arxil pasa por un dos equipos máis en forma da liga
Por Redacción |
-
O Arxil afúndese no último cuarto e encaixa unha nova derrota en Vilagarcía (67-55)
Por Redacción |
-
Segue a costa abaixo do Arxil que se afunde ao final ante Segle XXI (66-72)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Preocupación no Arxil polo estado de Waleska Pérez
Por Redacción |
-
O Arxil cae en León tras aguantar ao líder ata o último cuarto (71-53)
Por Redacción |