Grave tropezo do Marcón e o Pontevedra B asómase ao abismo
Por Redacción
Sorpresa e das gordas no Carrasco, onde un Domaio afundido na clasificación arrancou os tres puntos afastando ao Marcón dos postos de cabeza. Os locais tiveron unha tarde negra na que nada lles saíu ben, caendo goleados sen poder aproveitar sequera a expulsión do visitante Olivier Vilas, que lles permitiu xogar en superioridade numérica durante case todo o segundo tempo.
Precisamente Olivier Vilas abría o marcador aos 7 minutos de partido e Jonás facía o segundo antes da media hora de xogo. Xa na segunda parte, o Marcón seguía sen atopar a forma de reducir diferenzas, e o Domaio sentenciaba co terceiro gol conseguido por Dani Fernández.
A impotencia local levou á expulsión de Gelillo, a falta de sete minuutos para o final, pero curiosamente, coas forzas igualadas no numérico sería cando o Marcón conseguía maquillar o resultado, cun tanto de Valiñas, ao transformar un penalti, xa no tempo engadido.
Consulta aquí o acta do Marcón Atlético-Domaio.
Segue en caída libre o Pontevedra B que eleva a oito as xornadas sen coñecer a vitoria. Nesta ocasión, o filial granate caeu na súa visita ao Chaín e sitúase como vicecolista, en claro perigo de perder a categoría en caso de non reaccionar de forma inmediata.
Os locais foron capaces de remontar o gol inicial de Jesús Ramos, que adiantaba aos granates aos 18 minutos, pero Aitor Veloso conseguía o empate xusto antes do descanso.
Na segunda parte o Chaín impoñíase cun segundo gol conseguido por Poza no minuto 55 e Xaime sentenciaba no último minuto, facendo inútil o tanto de Cantero, que reducía distancias no desconto.
Consulta aquí o acta do Chaín-Pontevedra B.
Relacionadas:
-
Goleada do Marcón ao líder Beluso mentres o Pontevedra B deixa escapar o triunfo na Guarda
Por Redacción |
-
Santi Mariño deixa de ser o adestrador do Pontevedra B
Por Diego Espiño |
-
Paso á fronte do Marcón Atlético en Cambados e nova derrota dun Pontevedra B que non levanta cabeza
Por Redacción |
-
O Marcón asómase aos postos altos mentres o Pontevedra B afúndese un pouco máis
Por Redacción |
-
O Marcón leva o derbi local (3-0) fronte un Pontevedra B que non levanta cabeza
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Derrotas de Pontevedra B e Marcón Atlético ante Mos e Gran Peña
Por Redacción |