Derrotas de Pontevedra B e Marcón Atlético ante Mos e Gran Peña
Por Redacción
Segue sen conseguir endereitar o rumbo o Pontevedra B. O filial granate suma a súa quinta xornada consecutiva sen gañar e afástase cada vez máis do obxectivo inicial do ascenso, comezando a mirar moi de preto e con preocupación os postos de perigo.
No campo de Príncipe Felipe, os de Santi Mariño non viron porta e atopáronse cun solitario gol de Juan Carlos, aos 63 minutos, que deu a vitoria ao U.D. Mos, deixando aos granates moi tocados nas súas posibilidades.
Consulta aquí o acta do Pontevedra B-U.D. Mos.
Dura derrota para o Marcón Atlético, que viu como a Gran Peña conseguía remontar o marcador adverso en Barreiro na recta final do partido, logrando o tanto da vitoria no tempo engadido.
Martín López adiantaba aos pontevedreses aos 12 minutos de xogo, establecendo o 0-1 co que se chegaría ao descanso.
Na segunda parte, a Gran Pena empataba ao pouco de renovarse o partido, por medio de Álex Rodríguez, pero o Marcón poñíase novamente por diante cun gol de Berto (minuto 55).
Cando o partido agonizaba chegaba a reacción local. Iván empataba aos 83 minutos e Gabriel conseguía o gol da vitoria viguesa cando o partido entrara no desconto.
Consulta aquí o acta da Gran Pena-Marcón Atlético.
Relacionadas:
-
Grave tropezo do Marcón e o Pontevedra B asómase ao abismo
Por Redacción |
-
O Marcón asómase aos postos altos mentres o Pontevedra B afúndese un pouco máis
Por Redacción |
-
O Marcón leva o derbi local (3-0) fronte un Pontevedra B que non levanta cabeza
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A falta de acerto condena ao Marcón ao empate na casa e ao Pontevedra B á derrota en Beluso
Por Redacción |
-
O Marcón dobrega ao líder e o Pontevedra B empata ante o Cambados
Por Redacción |