Probas con derrota para o Ribadumia nun amigable ante a Selección Galega Sub-18
Por Redacción
O campo municipal da Senra, en Ribadumia, acolleu este mércores un encontro amigable entre o club local e a Selección Galega Sub-18, que serviu de preparación para ambos.
Se o combinado galego afina a súa posta a punto para o próximo Campionato de España, o Ribadumia tenta recuperarse da xeira negativa de resultados que atravesa na Terceira División.
Desde que gañou ao Rápido de Bouzas (16 de outubro), no primeiro partido sen Changui debido ao grave problema de saúde que atravesou, os de David Sierra non volveron a saborear a vitoria, pasando de estar sextos empatados coa cuarta praza e a un só punto do segundo a ser agora décimo terceiros a 8 puntos do cuarto.
Por iso o adestrador aurinegro aproveitou a cita para realizar probas co único obxectivo de preparar o choque do próximo sábado (20:00 horas) na casa ante o Céltiga.
Aínda que o resultado pouco importaba, Galicia Sub-18 levou o triunfo por 0-2, con goles na primeira metade de Guille (min.17) e Boedo (min.22).
O Ribadumia saíu cun once inicial composto por Lucas, Borja Sáez, Iago, Juan, Jony, Novegil, Ander, Mou, Hugo, Gabi e Agus, entrando despois Pacheco, Manu Táboas, Bugallo, Camiño, Paco, Fandiño, Anxo e David Rodríguez.
Relacionadas:
-
Villalonga e Arosa xogan a non perder, o Céltiga cae nun final polémico e o Ribadumia deixa escapar dous puntos
Por Redacción |
-
O Ribadumia cura feridas á conta do Céltiga e o Villalonga non pasa do empate fronte ao Silva
Por Redacción |
-
Sidibé dá o triunfo ao Arosa no desconto, o Villalonga gaña en Carballo, mentres Céltiga e Ribadumia perden
Por Redacción |