Fin de semana de tenis galego no CCD Sanxenxo
Por Redacción
As pistas do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo foron sede durante a fin de semana do Campionato Galego de Tenis Junoir por equipos.
Na principal cita do tenis rexional en idade sub-18 déronse cita os catro mellores equipos femininos e os seis masculinos, unha vez concluída a fase inicia da competición celebrada por toda Galicia.
O Club de Tenis Pontevedra quedou a un paso do título na categoría feminina, pero viuse superado na final polo gran favorito, o Real Club de Tenis Coruña (3-1).
O cadro herculino proclamouse tamén vencedor na comeptición masculina, ao vencer na última eliminatoria ao Real Club Náutico de Vigo (4-0).
"Puidemos ver un gran tenis, pero sobre todo gustaríame destacar a camaradería, o espírito de equipo e compañeirismo dos participantes", sinalou tras o torneo o director deportivo do CCD Sanxenxo, Noli Álvarez.
Relacionadas:
-
Vacacións de tenis en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O tenis internacional despídese de Sanxenxo tras as finais do torneo cadete
Por Redacción |
-
Os tenistas galegos dan o callo no IX Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Vibrante peche do XV Torneo Internacional Junior ITF de Sanxenxo
Por Redacción |