O esforzo non se traduce en puntos para o Leis
Por Redacción
Fíxoo todo o equipo do Leis Pontevedra masculino para levar polo menos un punto na visita do Atlético Benavente ao Municipal, pero a sorte foille esquiva (2-3).
Os pontevedreses dominaron a primeira parte e xeraron ocasións para marchar cunha importante vantaxe ao descanso, ao que chegaron 1-0 grazas ao gol de Miguel. Na segunda metade os zamoranos saíron mellor logrando o empate ao aproveitar unha serie de erros dos locais e dando a volta ao marcador pouco despois co 1-2.
Reaccionaron os de Manu Cossío e igualaron cun disparo afastado de Miguel, pero unha xogada persoal de Charlie acabaría decantando a balanza en favor do Benavente.
Coa derrota o Leis ocupa a undécima praza con 5 puntos, dous máis que o seu próximo rival, o San José, no que se presenta como un duelo vital para o Leis.
Tamén perdeu o equipo feminino do Leis na Segunda División, no seu caso nun complicado compromiso ante o líder da categoría, o Soto del Real (2-5).
O equipo adestrado por Raúl Jiménez tratou de ti a ti ao seu rival e reencontrouse co seu xogo dominando durante os primeiros 10 minutos, ata que unha sucesión de erros permitiu ao Soto del Real adiantarse no marcador.
Non baixaba os brazos o Leis, que contou con dous dobres penaltis para igualar. Non acertou e as visitantes non perdoaron facendo o segundo. Despois chegaría o 1-2 antes do descanso que mantiña ás locais no partido. Con todo o Soto subiu o ritmo na segundo metade encarrilando pronto o partido (1-4) e controlando a renda ata o final.
A pesar da boa imaxe as pontevedresas seguen últimas na clasificación con 3 puntos.
DERROTA AVULTADA DO CIDADE DE PONTEVEDRA
Completou a xornada de fútbol sala na cidade o Cidade de Pontevedra cunha derrota avultada na casa ante o Bilbo (1-8).
O potencial ofensivo dun dos equipos máis fortes do seu grupo, o primeiro da Segunda División, foi demasiado para as pontevedresas, que quedan coa derrota na décima praza con 8 puntos.
Relacionadas:
-
O Leis trae os tres puntos de Salamanca tras derrotar (6-7) o Frontón San José
Por Redacción |
-
O Leis, ilusionado con recibir ao Santiago Futsal en Copa Xunta
Por Redacción |
-
Os erros propios condenan o Leis Pontevedra (5-3) ante O Esteo en Noia
Por Redacción |
-
Dura derrota do Leis femenino que cae (10-3) na súa visita a Segovia
Por Redacción |