Os erros propios condenan o Leis Pontevedra (5-3) ante O Esteo en Noia
Por Redacción
Derrota do Leis Pontevedra no seu desprazamento ata Noia. Condicionados polos seus propios erros, os pontevedreses non puideron evitar caer por 5-3 ante O Esteo.
O Leis logrou adiantarse no marcador cun gol de Dani no minuto 4, pero pronto os de Noia conseguiron igualar de novo o partido. Foi tras un penalti moi discutido que, en todo caso, veu precedido dun erro que se podía evitar. Antes do descanso, grazas a un gol de Gerardo, os locais marcarían o 2-1.
Na segunda metade, o encontro mantívose moi igualado. O Leis logrou empatar o encontro en dúas ocasións, con goles de Barcala e Borja, ata que no minuto 35 Jaco puxo o 4-3 no marcador a favor do Esteo.
A partir de aí, o Leis perdeu a Gus e Dani por expulsión e, nesa superioridade, os locais sentenciaron o partido cun quinto gol anotado por Rober.
A semana que vén visita Pontevedra o Benavente, un rival directo para o Leis ao que tratará de derrotar para afastarse da parte baixa da clasificación.
Tras esta derrota, o Leis é décimo con cinco puntos. Ten un punto de vantaxe sobre o primeiro equipo que ocupa postos de descenso, precisamente o Benavente.