Os árbitros pontevedreses de fútbol e fútbol sala inician unha recollida solidaria de alimentos
Por Redacción
Será a partir deste venres 18 de novembro cando os árbitros de fútbol e fútbol sala da Delegación de Pontevedra comecen unha campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros.
O obxectivo fíxase en alcanzar os 500 quilos de comida e para iso as achegas están abertas non só aos mesmos integrantes do colectivo, se non tamén a calquera persoa que queira sumarse á iniciativa.
A entrega de alimentos pode facerse na mesma Delegación de Pontevedra do Colexio Galego de árbitros de fútbol, ou ben directamente a calquera dos colexiados que pertencen ao mesmo. Para maior información de toda persoa que desexe realizar a súa achega pode poñerse en contacto a través da dirección de correo electrónico pontevedra.arbitros@futgal.es.
Relacionadas:
-
A cara solidaria dos árbitros pontevedreses
Por Redacción |
-
Gonzo, padriño da gran recollida solidaria do Banco de Alimentos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Precisan 500 voluntarios para a Gran Recollida Solidaria dos días 25 e 26 de novembro
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos recolle en Pontevedra e Portonovo preto de 5 toneladas de comida
Por Redacción |