Xornada negra con empate do Ribadumia e derrotas de Céltiga, Arosa e Villalonga
Por Redacción
Cuarta xornada consecutiva sen vencer do Ribadumia que deixa escapar a oportunidade de meterse de novo nos postos de play-off, ao non pasar do empate na Senra fronte ao Barbadás, nun partido que os de Sierra tiñan na súa man e que se lles escapou no último minuto despois de dispoñer de dous goles de vantaxe.
David Rodríguez adiantaba ao Ribadumia aos tres minutos de xogo e Anxo facía o segundo aos 18. Dous goles temperáns que facían pensar nunha cómoda vitoria, pero o conxunto ourensán non se rendeu, recortando diferenzas á media hora, por medio de Rodrigo Parreira.
Nada máis comezar a segunda parte o Ribadumia recuperaba a renda de dous goles, cun penalti transformado por Adrián Camiño, pero Alfredo metía de novo na loita ao Barbadás aos 58 minutos.
A expulsión por dobre amarela de Iago Martínez, a falta de 19 minutos, convertería nun exercicio de subsistencia para o Ribadumia o resto do partido. O Barbadás foise decidido a por o empate, e conseguiuno xa no desconto, cun novo gol de Alfredo.
Consulta aquí o acta do partido Ribadumia-Barbadás.
Perde fol o Arosa, que suma a súa terceira xornada sen gañar e regresa derrotado das Eiroas, onde o Bergantiños impúxose na recta final do partido, apeando aos de Jorge Otero dos postos de play-off e sumándose aos candidatos para loitar pola zona nobre.
Despois dun partido moi competido, Álex Sánchez abría o marcador aos 77 minutos de xogo, e co Arousa envorcado en busca da igualada chegaba a sentenza dos de Carballo, a falta dun minuto para o final, cun gol de Nacho.
Consulta aquí o acta do partido Bergantiños-Arosa.
Duelo entre recentemente ascendidos e vitoria final apurada para un Dubra que respira á conta do Villalonga, que non puido aproveitar o xogar os últimos minutos cun home máis, pola expulsión do xogador local Dani Moto.
Todos os goles chegaron na segunda parte. Adiantouse o equipo do Val do Dubra aos 49 minutos por medio de Gonzalo Suárez. Empatou o Villalonga no minuto 53, cun gol de Rubén Cerqueiras, pero os locais conseguirían a vitoria por medio de Eloy, no minuto 62.
Consulta aquí o acta do partido Dubra-Villalonga.
A experiencia e o oficio do Negreira impúxose ao Céltiga no Salvador Otero, nun partido intenso e con accións non exentas de dureza entre ambos os equipos, que terminaron con dez xogadores tras ser expulsados aos 70 minutos o xogador local Diego e o visitante Stefan.
Jacobo Tato adiantaba ao Negreira aos 38 minutos, pero o Céltiga respondía empatando dous minutos máis tarde por medio de Diego.
A entrada no campo de Stefan na segunda parte sería clave para o desenvolvemento do partido. O exjugador de Pontevedra e Somozas, entre outros, extuvo só 23 minutos sobre o cesped, pero bastoulle para marcar dous goles e ser expulsado. Aos 47 minutos adiantaba de novo ao Negreira, conseguindo tamén o terceiro e definitivo tanto no minuto 68, para logo encerellarse con Diego e acabar ambos os na ducha antes de tempo.
Consulta aquí o acta do partido Céltiga-Negreira.
Relacionadas:
-
Sidibé dá o triunfo ao Arosa no desconto, o Villalonga gaña en Carballo, mentres Céltiga e Ribadumia perden
Por Redacción |
-
Duras derrotas de Ribadumia e Céltiga, vitoria do Arosa e o Compostela empata ao Villalonga no desconto
Por Redacción |
-
Xornada de empates na Terceira División
Por Redacción |
-
Castigo para o Ribadumia no desconto, empate do Arosa e triunfos de Villalonga e Céltiga
Por Redacción |
-
Remontada de play-off para o Arosa, valioso triunfo do Villalonga e tropezos de Ribadumia e Céltiga
Por Redacción |