A pegada do líder Atlético Navalcarnero supera a un digno Poio Pescamar (4-0)
Por Redacción
Partido moi intenso con dous equipos que loitaban por facerse co control da pelota e decidido polo maior acerto visitante no remate. O Poio Pescamar volveu pecar de falta de puntería ante a porta contraria e iso custoulle a derrota fronte ao líder e invicto Atlético Navalcarnero, que terminou vencendo por maior diferencia do que se viu na pista.
A primeira parte rexistrou un único tanto, conseguido por Ari de cabeza dentro da área a pase de Marta Pelegrina.
Pese ao gol encaixado, as mozas de Marcio Santos non lle perderon a cara ao partido, pero estreláronse contra o bo labor defensivo do Atlético, e en última instancia contra a súa porteira Estela.
Na segunda parte mantívose a mesma tónica de igualdade sobre a pista, pero a expulsión por dobre amarela da capitá local Charo foi aproveitada polo equipo branquivermello para conseguir o segundo gol, de novo obra de Ari a pase de Ju Delgado. Este tanto si que foi un xerro de auga fría para o combinado pontevedrés, máxime cando pouco despois, Amelia Romero, tras boa xogada de Ari, conseguía terceiro que permitía ás visitantes sentenciar o partido.
As rojillas seguiron loitando pero mostrando falta de pegada nos metros finais. O cuarto gol, conseguido por Nerea Moldes acabou por pechar o partido, deixando sen opcións a un Poio que non atopou o premio ao seu empuxe.
POIO PESCAMAR (0): Silvia; Jenny, Charo, Jéssica Ginet e Ceci (quinteto inicial). Tamén xogaron, Suki, Ale De Paz, Carolina e Jessy Lores.
ATLÉTICO NAVALCARNERO (4): Estela; Leti, Ju Delgado, Ari e Amelia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Fabi, Desirée, Málika, Nerea e María Sanz.
Goles: (0-1) Minuto 6: Ari. (0-2) Minuto 25: Ari. (0-3) Minuto 26: Amelia Romero. (0-4) Minuto 32: Nerea Moldes.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Goleada do Poio Pescamar ante o Majadahonda (6-0) para marchar de vacacións cos deberes feitos
Por Redacción |
-
Duelo pola oitava praza no último partido do ano para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Empate de mérito do Poio Pescamar en Alcorcón (2-2)
Por Redacción |
-
A visita do líder, dura proba para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Cidade de As Burgas supera en acerto rematador ao Poio Pescamar (3-1)
Por Redacción |
-
Gran vitoria dun sólido Poio Pescamar ante Burela Pescados Rubén (2-0)
Por Redacción |