O piragüismo, un deporte 'provincial'
Por Redacción
Ano a ano o piragüismo segue dando alegrías ao deporte provincial, e por iso a Deputación de Pontevedra ofreceu este xoves unha homenaxe a dous dos clubs máis representantivos da provincia.
Breogán do Grove, como vencedor da Copa da Raíña, e Kayak Tudense, gañador da Copa do Rei, foron recibidos pola presidenta provincial, Carmela Silva.
"Estes méritos son un orgullo para a provincia de Pontevedra", sinalou Silva, que puxo en valor o feito de que por primeira vez "equipos da provincia de Pontevedra gañaron todas as copas femininas nacionais".
Na tempada recentemente finalizada, ademais dos títulos sinalados, o Breogán concluíu na quinta praza na competición masculina e o Kayak Tudense na terceira na feminina.
A recepción supuxo ademais unha homenaxe ao esforzo dos clubs "case sempre traballando a cambio de nada, de forma altruísta, por facer que o noso deporte brille con moitos menos recursos dos que dispoñen noutros lugares da Unión Europea", declarou a presidenta provincial.