O Teucro progresa adecuadamente e logra en Torrelavega o seu primeiro triunfo fóra (24-28)
Por Redacción
Para poder estar arriba na División de Honra Prata é imprescindible sumar puntos fóra da casa, e iso logrou por primeira vez no que vai de liga o Teucro ao vencer na complicada cancha do Balonmano Torrelavega (24-28).
Os azuis, que xa gañaran en Zarautz en Copa, van mellorando as súas prestacións co paso das semanas e os seus minutos de desconexión redúcense.
En Cantabria o inicio foi fulgurante, cun parcial de 0-3 que convidaba o optimismo. A renda chegou ata os 4 goles (6-10) mediado o primeiro tempo, pero nese momento os locais reaccionaron para igualar o partido e chegar mesmo a poñerse en vantaxe (13-12).
Foi o momento malo dos pontevedreses no partido. Verse por baixo fíxolles reaccionar e dous goles de Samu Gómez e Dani Hernández voletaban de novo o electrónico ao descanso (13-14).
Tras a pausa viuse a mellor versión dos de Quique Domínguez, que se marcaron un parcial de 3-8 a favor para abrir unha importante renda (16-22), axudada polos fallos locais desde os sete metros e o acerto anotador de Carlos García (8 goles).
O Torrelavega non se deu por vencido e tentou reducir distancias (21-23 a falta de 10 minutos), pero o Teucro esta vez non baixou o rendemento nos últimos minutos e asegurouse dous importantes puntos que lle fan tomar impulso na clasificación. Esa inercia deberá confirmala o sábado (20:30 horas) na súa volta ao Municipal ante o Nava, no que será o seu terceiro partido nunha semana.
Consulta aquí as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
Terceiro triunfo nunha semana do Teucro ao vencer nun cómodo partido ao Nava (29-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro regresa ante o Nava a un Pavillón Municipal que "ha quedado precioso"
Por Diego Espiño |
-
Sen apenas descanso o Teucro afronta unha difícil saída a Torrelavega
Por Redacción |
-
O Teucro salva o seu mal partido aproveitando a debilidade dun frouxo Tolosa (29-20)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |