E por fin vitoria!. O Arxil logra o seu primeiro triunfo ao vencer (52-47) ao Pabellón Ourense
Por Redacción
Décimoséptima xornada da Liga Feminina 2. Atras quedaban quince derrotas consecutivas, algunhas dolorosas pola forma en que se produciran, pero por fin! o Arxil puido saborear os meles do triunfo. O rival era o Pavillón Ourense e, curiosamente, foi o tantas veces fatídico segundo cuarto no que esta vez as rapazas de Mayte Méndez fraguaron o merecido e anhelado éxito.
Certo é que se trata dunha vitoria simbólica, máis despois do sorpresón da xornada coa vitoria do ADBA Avilesino na pista do Feel Cortegada, que condena ás arxilistas de forma matemática á última praza da clasificación, pero polo menos é un xusto premio á perseveranza do cadro verde, que nunca baixou os brazos nin perdeu a fé a pesar de que os resultados non acompañaban.
Despois dun discreto primeiro cuarto, con iniciativa visitante, o Arxil, liderado por unha sensacional Olga Federova, soubo darlle a volta ao marcador para irse cunha curta vantaxe ao descanso, renda que sabería manter nos dous cuartos finais ata rematar gañando entre a ovación dos seus afeccionados.
C.B. ARXIL (52): Sandra Entenza (3), Ana Martín (2), Carla Fernández (7), Zara Huntley (3), Olga Federova (20) -cinco inicial-, Marina Ramírez, Andrea Carrera, Jara Tuda (8), Cristina Díaz-Pache (3) e Natalia Soage (6).
PABELLÿN OURENSE (47): Begoña Pallardó (13), María José Bolonio (13), Arantxa Mallou (15), Nuria Ramiro (4), Míriam Bolívar -cinco inicial-, María Álvarez (2) e María Quiroga.
Árbitros: J.F. González e L.M. Estévez.
Marcadores parciais: 10-15, 23-12 (33-27, descanso), 8-12 (41-39) e 11-8 (52-47, final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra). 100 espectadores.