O Teucro roza a proeza en Gijón pero cae no último minuto (27-26)
Por Redacción
A piques estivo a Sociedad Deportiva Teucro de repetir fazaña no pavillón de La Arena. O equipo azul foi o último en gañar na súa cancha ao Juanfersa Gijón Jovellanos a pasada tempada e a pesar de ir mandando no marcador durante boa parte do encontro rematou sucumbindo nun apertado final (27-26).
Empezaron dominando os locais pero pronto, no minuto 10, os teucristas poñeríanse por diante (5-6) grazas ao traballo defensivo e a un Juan Bar que asinou catro paradas nos primeiros minutos. A partir dese momento, os de Javier Barrios marcaron a pauta con rendas de ata cinco goles (5-10 no minuto 20) chegando ao descanso tres arriba (11-14) apoiados nun gran José Manuel Rial (12 goles ao final do choque).
Na reanudación nada parecía cambiar, pero a falta de acerto en ataque do Teucro e varias decisións polémicas dos colexiados permitiron ao Gijón Jovellanos empatar o encontro case a metade de período (20-20). Barrios parou o xogo cun tempo morto, que marcou o inicio dun novo partido de 15 minutos marcado pola igualdade no electrónico. Así se chegou ao último minuto (26-26), onde os locais anotaron a falta de 30 segundos, un gol que ao cabo resultou decisivo.
Con este resultado, acompañado do triunfo do Bidasoa e Alcobendas, o equipo teucrista cae dos postos de play-off, que quedan agora a un punto de distancia.
JUANFERSA GIJÿN JOVELLANOS (27): Ignacio, Costoya, Pellitero (7), Pablo Fernández (1), Prendes (3), Vallado (p.s.), Ruesga (3), Fernández (5), Huerta (3), Fernando (2), Paraja, Plaza, Maxi Cancio (1), Pablo González (2).
SD TEUCRO (26): Juan Bar, Toño Fernández (4), Alejandro Pombo (1), Miguel Porto, Tomás Moreira (3), Rial (12), Didac Villar (4), Gonzalo (p.s.), Aarón, Carlos García, David Chapela, Siscu (1), Borja Pedreira (1), Sío.
Árbitros: Arcos Adeva e García Camino.
Marcador cada cinco minutos: 4-1, 5-6, 5-8, 5-10, 8-12, 11-14 (descanso), 14-16, 17-19, 20-21, 22-21, 23-23 y 27-26 (final).
Incidencias: Partido disputado no pavillón de La Arena, Gijón.