O Portonovo sóltase cunha goleada ao Caselas, o Sanxenxo empata e o Unión Grove cae na casa
Por Redacción
O Portonovo asómase á parte nobre da clasificación de Preferente despois de golear en Baltar ao Caselas (6-2).
Os de Borja Burgos se sotaron a melena e arroiaron ao seu rival nunha primeira media hora de xogo fulgurante. No minuto 33 xa vencián 4-0.
Reaccionou o Caselas cun tanto antes do descanso e outro á volta de vestiarios, pero Marcos Blanco desactivou calquera intento de remontada con dous goles que pechaban a goleada e cos que sumaba o seu particular hat trick.
O triunfo deixa ao cadro arlequinado na sétima praza con 9 puntos. Consulta aquí o acta do Portonovo-Caselas.
O que non puido pasar do empate foi o Xuventú Sanxenxo no campo do actual pechacancelas da clasificación, o Pontellas (0-0).
Pese ao tropezo os de Óscar García mantéñense na quinta posición con 11 puntos.
Consulta aquí o acta do Pontellas-Xuventú Sanxenxo.
Pola súa banda o Unión Grove encaixou unha dolorosa derrota na casa ante o Estradense (1-2).
O conxunto meco foi a remolque desde o minuto 16, pero conseguiu igualar o primeiro tanto visitante en minuto 78 por medio de Saúl. Cando o empate parecía seguro o Estradense golpearía no último minuto de xogo cun gol que lle deu os tres puntos en xogo.
O Unión Grove queda agora na décimo oitava praza con 5 puntos.
Consulta aquí o acta do Unión Grove-Estradense.