O Sanxenxo comeza con bo pé e Portonovo e Unión Grove empatan
Por Redacción
Bo comezo da tempada na Preferente para o Xuventú Sanxenxo, que conseguiu unha traballada vitoria na casa ante o San Ciprián (1-0).
Despois dunha primeira metade de bastante igualdade, os amarelos lanzáronse no segundo tempo ao ataque na busca dos tres puntos.
A recompensa chegou xa no tramo final, cando Cristóbal Domínguez conseguía o gol que finalmente sería o do triunfo.
Consulta aquí o acta do Sanxenxo-San Ciprián.
O Portonovo estreou tempada con empate a domicilio ante o Moaña (1-1).
Os arlequinados salvaron un punto na segunda metade, despois de ver como os locais adiantábanse cun gol de Jorge Fernández aos 46 minutos. O empate chegaría no minuto 75 cun tanto de Javier Míguez.
Consulta aquí o acta do Moaña-Portonovo.
Tamén asinou táboas na súa estrea o Unión Grove, nun partido tolo no campo do Alertanavia (2-2).
Ata tres penaltis pitou o colexiado, que significaron os tres primeiros goles do partido. Marcou primeiro o cadro meco aos 37 minutos por medio de Rubén, pero empataron os locais antes do descanso.
Na continuación a igualdade mantívose ata o minuto 80, cando de novo unha pena máxima daba vantaxe ao Alertanavia. Cando peor pintaban as cousas o Unión devolveu de inmediato o golpe cun gol de Diego Lorenzo para sumar un punto no primeiro partido ligueiro.
Consulta aquí o acta do Alertanavia-Unión Grove.