Sábado de baloncesto co 3x3 na rúa do Arxil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Praza de España será escenario este sábado 27 de agosto un ano máis, e van 15, do Torneo Urbán 3x3 de baloncesto na rúa organizado polo Arxil co apoio do Instituto Municipal de Deportes.
A céntrica praza converterase nunha pista improvisada de baloncesto durante toda a xornada, desde as 11:00 ata as 20:30 horas nun evento xa consolidado na programación deportiva estival e popular, na que o ano pasado inscribíronse preto dun centenar de equipos.
Instalaranse varias canchas nas que competirán os diferentes equipos, desde a categoría benxamín ata a senior.
Ademais a programación completarase cun concurso de tiros libros e outro de triplos, que pasará a chamarse Concurso Tiago Gómez-Lor en homenaxe ao xogador pontevedrés falecido o pasado 23 de abril.