Sorteados os calendarios das principais ligas de fútbol base
Por Redacción
A Federación Galega de Fútbol realizou este luns os sorteos de competición das principais ligas de base de Galicia, nas categorías xuvenil, cadete e infantil.
Desta forma os clubs da comarca xa coñecen o que lles espera esta temnporada, por ejemlo, na Liga Nacional Xuvenil (Consulta aquí o calendario completo) ou a Liga Galega Xuvenil (Consulta aquí o calendario).
Ademais tamén se deu a coñecer a composición da División de Honra Cadete, a Liga Galega Cadete e a Liga Galega Infantil.
O sorteo realizouse na Delegación de Árbitros de Santiago de Compostela, coa presenza de representantes dos clubs e tamén do presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, que explicou as novas condicións da Mutua federativa.