Tradición deportiva en Pintos con la XXXI edición de su carrera popular
Por Diego Torrado
Un ano máis, e van 31, o lugar Pintos, en Marcón, converteuse este sábado no centro do deporte local por un día grazas á celebración da súa carreira popular.
Os pequenos foron os primeiros en competir, dando paso a categorías superiores nunha xornada na que a clasificación final pouco importaba.
Como en anos anteriores, participaron deportistas populares e tamén de clubs atléticos da zona, como a Sociedad Gimnástica.
Ao termo da XXXI edición da carreira popular celebrouse un sorteo de agasallos entre todos os participantes. Ademais a organización repetiu inicitiva solidaria ao habilitar unha recollida de alimentos en beneficio de RedeAxuda.