O Cortegada crúzase no camiño do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil xa coñece o calendario que lle espera na Copa Galicia, competición que estruturará a súa pretempada e que supoñerá unha boa proba de nivel para as de Mayte Méndez.
A Federación Galega de Baloncesto realizou o sorteo da primeira fase, na que se enfrontan os catro equipos galegos que militan na Liga Feminina 2.
No mesmo as pontevedresas quedaron emparelladas co Cortegada de Vilagarcía, ante o que xogarán o 9 de setembro no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
En caso de avanzar, as verdes volverían xogar en casa o 14 de setembro ante o vencedor do partido entre Celta e Ensino de Lugo.
O equipo que se impoña nesta primeira fase xogará a final da Copa Galicia o sábado 17 de setembro no pavillón vigués de Navia. Alí espera o único equipo galego que milita na máxima categoría, o Universitario de Ferrol.
Relacionadas:
-
O Arxil deixa atrás as vacacións e comeza a preparar unha ilusionante tempada
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Aldara Vázquez súmase ás renovacións no Arxil
Por Redacción |
-
Minata Keita regresa a un Arxil que apunta alto
Por Redacción |
-
Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, historia viva da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
Derbi galego entre Arxil e Ensino para abrir a tempada na Liga Feminina 2
Por Redacción |